A ARE acada o “éxito total” coa súa festa de despedida do verán en Rianxo

29 Agosto 2023

O pasado sábado 26 de agosto, a localidade de Rianxo despediu a tempada estival coa animada festa Ata Logo Verán, organizada pola Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE). Presidiu o evento un ambiente festivo e familiar, congregando a veciños e visitantes nunha celebración que, segundo fixo saber a ARE, “combinou diversión, entretemento e boas vibracións”.

A festa, engadiu a patronal, destacou pola súa variada oferta de actividades que axudaron a poñer punto e final á tempada estival da mellor maneira posíbel. Entre as actividades destacadas espertaron especial interese entre os asistentes o inchábeis e os obradoiros, proporcionándolles momentos de diversión e aprendizaxe. Aderezouse a celebración con flocos de millo e doces de algodón de azucre.

Un dos momentos máis agardados foi a presenza dos integrantes da familia de Os Bolechas, os coñecidos personaxes creados por Pepe Carreiro, que deron vida á festa cunha ruada chea de cor e diversión. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de interactuar cos integrantes da familia, facerse fotos e crear lembranzas deste día tan especial.

Segundo engadiron fontes da ARE, “a festa superou todas as nosas expectativas en canto a participación e diversión, estamos agradecidos á comunidade por sumarse con entusiasmo a esta celebración. A despedida do verán en Rianxo, reafirmou o espírito comunitario da localidade e a súa dedicación por crear momentos de unión e alegría para grandes e pequenos. Agardamos seguir ofrecendo eventos que enriquezan a vida da comunidade no futuro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.