285.000 euros para a mellora do Centro Sociocomunitario de Muros

09 Agosto 2023

A Xunta de Galicia investirá 258.000 euros en mellorar as instalacións do centro sociocomunitario de Muros, pertencente á rede pública autonómica. As obras están nestes momentos en fase de licitación e as empresas interesadas en executalas teñen de prazo ata o venres da vindeira semana, día 18 de
agosto, para presentar as súas propostas.
O obxectivo desta actuación é mellorar a eficiencia enerxética do centro, así como a comodidade das persoas que acoden diariamente ao mesmo. A intervención contempla a reforma completa da cuberta, incluído o illamento térmico e a renovación das carpinterías da planta baixa do inmoble. Tamén se adaptarán os aseos do centro a persoas con mobilidade reducida e se instalará un novo sistema de calefacción.
O prazo previsto para executar estas melloras é de cinco meses, unha vez que comecen os traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...