1ª xornada Trofeo Pitusa Sabín-RCN Portosín-Regata Mar de Finisterre

19 Agosto 2023

Juan Caballero.- A XXXV Regata Mar de #Finisterre – IX Trofeo Pitusa Sabín arrincou con forza na súa primeira xornada. A pesar da que previsión do meteoro non era moi halagüeña, o suroeste acudiu á chamada do Real Club Náutico Portosín, organizador da cita velística que coa participación de algo máis de 30 unidades, 18 en ORC e 13 en Open, o que dá boa mostra do éxito de convocatoria que mantén o evento deportivo patrocinado por Dominga Sabín (Pitusa) e Jacinto Hernández.
Con puntualidade, ás 12 horas do mediodía, e cunha compoñente do 240, é dicir, suroeste, de 7 nós, o Comité dispuxo a saída para a primeira Clase, os ORC, que trazarían o percorrido costeiro longo desde
o interior da Ría de Muros e Noia ata a Enseada de #Finisterre, onde na entrada á Ría de Corcubión agardáballes o Carrumeiro Mozo, Faro de Sinalización Marítima que tiñan que deixar polo costado de babor, para emprender o camiño de regreso, en total 40 millas náuticas, uns 74 quilómetros. Mar de fondo, con ondas de 2 a 3 metros, froito da resaca da fronte que a noite anterior azoutou a costa galega e cun vento que ese tramo foise algo máis á dereita, contorna ao 280, un noroeste, de 10 nós de media.
Nos Regata ponse á fronte da clasificación o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Náutico Cabanas, con Siradella, o barco máis rápido e o primeiro en virar o Carrumeiro, de segundo, de Francisco Gude e César
Álvarez, do Real de Portosín. O bronce, nesta División, é para o Alcaravan, de Pablo García-Arenal, tamén de Portosín.

Nos Cruceiro-Regata lidera a xeral o Namaste, de Luís de Mira, do Monte Real Club de Iates de Bayona, con Adegas Terrae, de Vicente Cid, do Real Club Náutico de Vigo na posto prata, sendo terceiro o
Impresión 3D Atlántico, de Guillermo Blanco, do Real Club Náutico da Coruña.
Os Open, que saían cinco minutos despois que os ORC, navegarían un percorrido costeiro polo interior da ría muradá e noiesa, respectando as súas balizas de sinalización marítima, en total unhas doce millas
náuticas, aproximadamente uns 22 quilómetros.
O seu líder é o Totem, de Felipe Cale, do Real Club Náutico de Portosín, con Atlante, de Ignacio Hermo, e Bacor, de Javier Villamil, segundo e terceiro, respectivamente, ambos tamén de Portosín.
O conxunto da frota dos ORC realizará, este domingo, dous barlovento-sotavento ao abrigo da Ría de Muros e Noia, con saída ás 11 da mañá. Os Open teñen reservada outra travesía costeira, inversa á
que navegaron este sábado.

Foto: Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...