
Outes reuniu máis de 1.200 deportistas procedentes de diversos puntos de Galicia e Portugal no Torneo Internacional Eurorrexión, organizado pola Escola de Piragüismo Outes.
A cita desenvolveuse en dúas quendas nas que primeiro participaron os máis pequenos, para logo dar paso aos maiores. Na clasificación xeral a vitoria foi para o Club Náutico de Fao, seguido polo Náutico de Prado e polo Confraría de Pescadores Portonovo. Na categoría cadete de kaiak a vitoria foi para Lucas Gómez e Aida Fonseca, e na de canoa o triunfo leváronllo Alejandro Pérez e Carola Ucha.

En canto á competición infantil de K1 os gañadores foron Martín González e Rita Márquez, mentres que en canoa o gato á auga levaríanllo David Macedo e Alba Lago. Na segunda división desta categoría Henrique Álvarez, Carla Currais, David Davila e Inés Pereire colgáronse o ouro nas súas respectivas categorías. Nas probas de base o triunfo foi para Daniel Silva, Claudia Lambas, Nuno Araujo e Carlota Pérez.




