Xullo enfía a recta final en Rianxo coas Festas de Taragoña, a Festa da Xouba, a Feira do Libro e Titiriberia

20 Xullo 2023

O Concello de Rianxo compartiu a súa axenda de actividades para o que resta de mes de xullo, un completo programa de propostas creativas para todas as idades e tendencias que vén da man da Área de Cultura do Concello e máis doutras entidades culturas rianxeiras ou galegas.

DO XOVES 20 AO DOMINGO 23 DE XULLO. Festas de Taragoña

Taragoña. Festas de Taragoña. Máis información

DO SÁBADO 22 AO MARTES 25 DE XULLO. Feira do libro de Rianxo

Campo de Arriba e Praza de Castelao (Rianxo). Feira do Libro de Rianxo.

SÁBADO 22 DE XULLO

21.00 h – Praza de Rafael Dieste (Rianxo).  Agrupación Musical do Rosal, concerto no XVIII Ciclo de Bandas.

DOMINGO 23 DE XULLO

21.00 h – Praza de Rafael Dieste (Rianxo). Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, concerto no XVIII Ciclo de Bandas.

MARTES 25 DE XULLO

Campo de Arriba (Rianxo). Festa da xouba de Rianxo.

DO LUNS 24 AO DOMINGO 30 DE XULLO. Festival de títeres tradicionais: Titiriberia, Olladas sobre os cristovos 

Distintas localizacións do Concello de Rianxo. Festival de títeres tradicionais: Titiriberia, Olladas sobre os cristovos.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.