Xerais 2023: O PP de G arrasa na comarca no Congreso e no Senado, no que entra o ribeirense, Manuel Ruíz Rivas

O PP arrasou nos municipios da comarca alcanzando un número de apoios que o sitúan como a forza máis votada. O reconto acadou as 30.276 papeletas, o que significa 10.449 máis que nas xerais do 10 de novembro do 2019. Un crecemento por encima do 52 %. Entre as grandes referencias deste auxe está Ribeira, onde a formación superou en 2.338 os sufraxios con respecto ao 2019.

O PSOE logra manterse se ben non conseguiu ser a primeira forza en ningún municipio ainda que logrou un repunte do 5,3 %, o que fai que suba 884 votos. Rianxo, cun ascenso do 6 %, ou Carnota, co 7,6 % foron donde mais subiron os socialistas.

O BNG continúa crecendo e mellora nun 18 % os datos do 2019 e alcanza os 7.827 sufraxios. Tamén neste caso cabe citar a Ribeira, un municipio no que recibiu 609 votos máis. Sumar recibe 7.083 sufraxios e o único que perde apoios é Vox, que queda cun 25 % menos.

Con respecto o Senado os populares gañan en todolos concellos da comarca co que o candidato ribeirense, Manuel Santos Ruíz Rivas, entra no senado pola provincia da Coruña xunto a Rosa María Gallego Neira e Verónica María Casal Míguez polo PP e José Antonio Sánchez Bugallo polo Psde G-Psoe.

RESULTADOS POR CONCELLOS: CONGRESO DOS DEPUTADOS XERAIS 2023

RESULTADOS POR CONCELLOS: SENADO