Xa podemos presentar obras literarias ao XXII Certame de Relato de Aventuras Avilés de Taramancos

14 Xullo 2023

O Concello de Noia, a través da súa Área de Cultura, compartiu unha “emocionante novidade” para todos os amantes da escritura: a apertura do prazo para presentar contribucións literarias ao XXII Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. “Trátase”, engade o departamento de Cultura que dirixe José Pérez, “dunha oportunidade única para mostrar o voso talento literario nun concurso de renome internacional e onde haberá un premio de 3.000 euros”.

As obras, que deberán ser do xénero de aventuras (aínda que de temática libre) e en galego, deberán presentarse antes do 20 de outubro. Deberán ter unha extensión de entre 70.000 e 100.000 caracteres. Terán que enviarse ao seguinte enderezo: Concello de Noia, rúa Rosalía de Castro 2, 15200, Noia (A Coruña).

Como lembraremos, na edición XX do certame resolveuse premiar a Francisco Rozados, Rochi, natural de Forcarei (Pontevedra), pola súa obra Niscoventa, presentada baixo o pseudónimo Canteiro. A novela contaba a historia de dous integrantes dun brigada antifranquista de canteiros (o nome da obra é, de feito, o xeito de designar un paraugas na lingua dos canteiros, a lingua barallete). Polo que respecta á edición XXI, o xurado decidiu deixala deserta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...