
A garda civil informou que unha Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) de Noia, investiga a unha muller como presunta autora dun delito contra a saúde pública, no marco dos dispositivos contra o tráfico retallista de substancias estupefacientes na comarca.
Os feitos ocorreron durante unha inspección a un establecemento público de Porto do Son, onde a investigada trataba de retirar da vista un bolso que se atopaba nas inmediacións da caixa rexistradora.
A Garda civil achou 22 dose de cocaína cun peso de 7 gramos e 620 euros en moeda fraccionada entre varios documentos que portaba.



