Un novo accidente obriga a mobilizarse ao helicóptero medicalizado con base en Santiago para o traslado dun ferido.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, este sinistro produciuse ás 14:30 horas de hoxe na DP-4502, en Matasueiro, Outes. O impacto entre un turismo e unha moto fixo que o motorista saíse despedido contra a cuneta.
Para atender ao ferido, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 activou unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que, ademais dos primeiros coidados, ocupáronse do traslado urxente do ferido ao Complexo Hospitalario Universitarios de Santiago (CHUS).
Ademais, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Noia, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.




