Treixadura actúa este domingo en Rianxo presentando o seu novo libro-disco

11 Xullo 2023

Este domingo 16 de xullo, ao abeiro da programación das Festas da Virxe do Carme, o grupo de música galega Treixadura ofrecerá un concerto na praza Castelao de Rianxo. A actuación, que comeza ás 22.30 horas, servirá para presentar na nosa comarca o novo disco da agrupación, Camiño longo.

A cita vén da man do Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Camiño longo

O libro-disco (de 104 páxinas) Camiño longo foi gravado nos estudios Casa de Tolos, en Mañufe, Gondomar, e Edisco, A Estrada, durante os meses de xaneiro a marzo de 2020. Conta coas colaboracións da Banda Municipal de Música de A Coruña, do Coro Cantigas e Agarimos e do músico noiés Rodrigo Romaní. Camiño longo, en palabras dos compoñentes de Treixadura é “o rexistro dunha parte da vida que compartimos con todas as persoas que nos seguides: 30 anos de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, coma a nós, a revivir momentos entrañables”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.