Stop Deshaucios Barbanza: “En Galicia hai máis de medio millón de vivendas baleiras”

28 Xullo 2023

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza emitiu un comunicado no que fai un novo chamamento a un maior e mellor aproveitamento das vivendas baleiras dos nosos concellos en beneficio dos milleiros de familias en risco de exclusión e sen alternativa habitacional que se rexistran na comarca, en Galicia e no ámbito estatal. Segundo lembran dende a plataforma, dende fontes oficiais veñen de facerse públicos “datos estarrecedores en relación ao número de vivendas baleiras que hai en Galicia, que son máis de medio millón”. Polo que respecta a España, estariamos a falar duns tres millóns e medio.

“Mentres tanto”, engaden no comunicado, “decenas e decenas de familias en Galicia e miles en España continúan sendo desafiuzadas das súas vivendas habituais, por falta de pagamentos hipotecaria ou de alugueiro, a maioría delas son vulnerábeis e non se lles garante unha alternativa habitacional”.

Para Stop Desahucios Barbanza, un dos problemas básicos desta cuestión é que se segue a entender a vivenda, tanto en Galicia coma no resto de España, como un ben de negocio e especulación no canto dun ben de primeira necesidade. “Todas as administracións públicas tentaron afrontar o problema da vivenda adoptando diferentes medidas pero, todas elas, sen demasiada sorte nin solución práctica para as miles de familias que se atopan, actualmente, en procedementos xudiciais de desafiuzamento”, engade a plataforma, apuntando que ” elevado número das vivendas baleiras son un problema e é un síntoma de que algo non funciona nas políticas de vivenda, nas diferentes comunidades autónomas. Somos conscientes de que todo é cuestión de vontade e valentía política”.

Outros artigos

Cáritas Ribeira segue coa recollida solidaria de alimentos

Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos que durará todo o mes, excepto Gadis que o fará ata o día 16 pero actualmente en trámites de ampliación. Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos, unha campaña que durará todo o mes. A organización busca axudar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

Un coñecido neurólogo e escritor español xa falecido, Carlos Castilla del Pino, ocupado nos seus intres libres en reflexións cargadas de sentido común, deixou dito o que a todos se nos antolla obvio, “hai erros na vida, e hai vidas erradas: son cousas distintas”. A...