Sés, Leilía, Andrés Suárez e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, no ciclo Paisaxes Sonoras de Barbanza Arousa

30 Xullo 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) retoma este ano o ciclo de concertos Paisaxes Sonoras, que neste 2023 concéntranse entre o 25 e o 27 de agosto. Igual que nas anteriores edicións, este festival realízase en cooperación coas concellerías de Cultura dos catro concellos da vertente sur do Barbanza e as localizacións serán 4 espazos naturais de gran  potencial turístico do destino: catro lugares de importancia paisaxística, histórica e/ou cultural a reivindicar que ofrecerán o mellor de si mesmos como panos de fondo para outros tantos concertos.

Esta edición, segundo explicou a Mancomunidade, estará marcada por unha tripla fusión entre natureza, música e enogastronomía, con actividades como degustacións e visitas guiadas que se irán desvelando ao longo dos vindeiros días.

Estes son os concertos programados:

Venres 25 de agosto

Ses en Rianxo ás 20.00 horas (no Auditorio Municipal)

Sábado 26 de agosto

Leilía en Boiro 13.00 horas

Andrés Suárez en Ribeira 20.00 horas

Domingo 27 de agosto

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na Pobra 13.00 horas

As entradas poden adquirirse en Ataquilla.com.

Máis datos de Paisaxes Sonoras

Paisaxes Sonoras é un proxecto singular que busca mesturar as paisaxes emblemáticas e recursos culturais e turísticos do territorio Barbanza Arousa coa creación dunha proposta cultural específica. Mediante este festival a Mancomunidade busca achegar as potencialidades do territorio a visitantes e poboación comarcal mediante un formato innovador no que a natureza é o escenario principal, conxugado en todo momento con distintas creacións musicais.

Desde a primeira edición a aposta pola cultura local e comarcal foi unha “premisa a ter en conta”, contando con artistas locais e comarcais como foi o caso de Triángulo de Amor Bizarro, grupo nado no Concello de Boiro.

A finalidade principal deste Festival é en palabras da Mancomunidade “coñecer o territorio do Barbanza, achegándonos a espazos poucos recoñecidos pola poboación, descubríndoos desde unha perspectiva na que a experiencia vai máis alá de consumir un espectáculo musical”.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...