“Servir ás persoas” – José Manuel Pena

17 Xullo 2023

Animar a servir ás persoas e non ás ideoloxías”. Tomando prestadas as palabras do Papa Francisco poderían servirnos para sinalar que actualmente segue habendo demasiada desigualdade social dentro da poboación dos nosos barrios, pobos ou cidades. Por iso cada vez é máis necesario axuntar esforzos, entre todas as administracións públicas (con independencia das súas ideoloxías), para que os departamentos dos servizos sociais deixen da ser a cenicienta nos diferentes equipos de goberno municipais.

Por outra banda, desde o activismo social e as diferentes entidades sociais e ONG non deberían ter medo en criticar a calquera administración ou gobernante que se pase polo forro a “obrigatoriedade” de protexer e defender os Dereitos Fundamentais das persoas ás que representan. É a súa obriga, para iso se presentan libremente e asígnanse suculentos soldos públicos, procurar que a desigualdade entre as persoas e familias sexa cada vez menor e que todos os cidadáns teñan o dereito constitucional real ao emprego, á educación, á sanidade, á vivenda ou ben a unha prestación pública que lle garanta gozar dunha vida axeitada.

Tamén vai sendo hora de ir cambiando certas mentalidades servís e caciquís que aínda manteñen algúns do noso gobernantes e que no canto de servirse dos seus cargos, teñen que utilizar estes para o servizo dos cidadáns que máis o necesiten. Para iso están as administracións públicas que, en ningún caso, poden funcionar como unha empresa privada. Os seus intereses son xerais e están ao servizo do interese público.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.