Este martes 11 de xullo a celebración relixiosa en honra de San Bieto regresa a Seráns, na parroquia sonense de San Pedro de Muro. Os fieis contarán con ata nove misas, a primeira ás 8.00 horas e a última ás 19.30, estando fixada a solemne, que incluirá procesión, para as 13.00.
Previamente durante esta pasada fin de semana celebrouse a festa con actuacións e diversos actos lúdicos.




