Queda atrapado no seu vehículo logo de bater contra unha casa en Boiro

04 Xullo 2023

Foi o dono da vivenda quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda urxente.

O choque produciuse no lugar de Graso, Abanqueiro, pouco despois do mediodía, segundo relatou a mesma testemuña, que indicou que o ferido e único ocupante do turismo estaba, ademais, atrapado. Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisaron, decontado, aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Boiro. 

Pola súa parte, o equipo médico optou pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, mentres que os efectivos de salvamento se centraron na liberación do ocupante do coche. Nestas tarefas tamén contaron co apoio dos compañeiros do parque de Ribeira.

Cando xa lograron sacar a persoa do coche, a dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo da aeronave acababa de tomar terra, polo que xa se dispoñían a ofrecer os primeiros coidados ao ferido.

Do mesmo xeito, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración das forzas da orde. En concreto, os axentes da Policía Local chegaron ao lugar dos feitos en primeira instancia para prestar a axuda necesaria, aínda que máis tarde continuarán os membros da Garda Civil coas dilixencias pertinentes.

Igualmente, necestouse informar ás empresa subminsitradoras da enerxía eléctrica debido aos danos rexistrados na instalación urbana.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.