Os próximos días 17 e 18 de xullo, a Casa da Cultura de Outes será a a sede onde se celebrará a clausura e a conferencia final do proxecto europeo e‑InnoEduCO2 (Innovation in Climate Change Education), e a estrea da película “Cinema Climantopía”, creada no marco do proxecto “EDUCinema ClimaTurAction”, ambos financiados polo programa Erasmus + e que contan coa participación de institucións galegas, portuguesas, polacas, romanesas e italianas.
O obxectivo xeral do proxecto é reforzar a capacidade das institucións de educación e formación para proporcionar unha educación dixital inclusiva e de calidade a través do modelo pedagóxico «e‑learning STE(A)M-TIC», que permita compensar o incremento nas carencias da UE en educación escolar adaptando a formación telemática da era COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. O proxecto busca pór en valor a ciencia e as competencias STE(A)M (siglas en inglés de «ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas») mediante a súa transformación dixital a nivel europeo para avanzar cara a un enfoque máis inclusivo e facer da educación escolar europea un laboratorio de innovación neste terreo.
O proxecto, que finalizará o 31 de agosto de 2023, conta cun orzamento total de 251.305,00 euros, financiados ao 100 % polo programa Erasmus +. O líder do proxecto é o Concello de Outes, e o resto de socios son a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, pola parte española; a Universidade de Aveiro e o Agrupamento de Escolas de Aveiro, de Portugal; o XXVI Liceum Ogolnoksztalcace, de Polonia; e mais a Universitatea Alexandru Ioan Cuza din Iasi, de Romanía.
O día 17 se ocupará coa Conferencia Final (en formato simposio), dirixida aos medios de comunicación, aos grupos de interese e ao público en xeral. Ésta comezará as 17:00 co rexistro de participantes. Ás 17:30, o alcalde de Outes, Manuel González López e José Antonio Caride Gómez, en representación da USC como líder de proxecto e catedrático de Pedagoxía Social da Univerisdad de Santiago de Compostela, abrirán de forma oficial o evento cunha benvida aos asistentes.
A partir dese momento, José Antonio Caride Gómez, moderará a presentación dos principais resultados e produtos intelectuais do proxecto e-InnoEduCO2 por parte dos socios do proxecto. A continuación, José Antonio e Francisco Sóñora, director de Climántica, falarán sobre dous tópicos centrais do proxecto EDUCinema ClimaTurAction: a educación comunitaria ante a emerxencia climática e a relación entre o cine e a educación.
Ás 18:50 se presentará a película “Cinema Climantopía”, desenvolta no marco do proxecto Erasmus+ “EduCinemaClimaTurAction” seguido da reprodución dun curtometraxe da súa realización que dará paso ao estreno oficial da película.
Para rematar o primeiro día do evento, os participantes disfrutarán do concerto da banda Climantopía, que tocarán temas da banda sonora da película, clásicos pop e temas de autoría dos músicos, dirixida polo saxofista e clarinetista José Rodríguez García, director de jazz dos conservatorios e escolas de músca da Mariña, profesor de saxofón e clarinete da Escola Estudio de Santiago e autor do currículo de jazz de Galicia.
Na mañana do segundo día terá lugar a 3ª e última Reunión do Comité de Coordinación do proxecto, actividade reservada para os representantes de todas as organizacións socias, marcando á súa finalización o termo do evento.




