Os mozos pobrenses Iván Tubío Sanlés e Esther Calviño Sanlés, distinguidos coas becas da Fundación la Caixa para ampliar a súa formación no estranxeiro

13 Xullo 2023

As súas Maxestades os Reyes de España presidiron a cerimonia de entrega das bolsas de posgraduado no estranxeiro da Fundación “a Caixa”, outorgadas a un centenar de universitarios seleccionados na convocatoria de 2022. Trátase da 41.ª edición do programa de Bolsas da entidade, que ten por obxectivo o fomento do talento dos estudantes máis sobresalientes mediante a ampliación da súa formación nalgunhas das mellores universidades do mundo.

Casa Real

Dous estudantes da Pobra foron distinguidos coas becas da Fundación la Caixa para ampliar a súa formación no estranxeiro. Iván Tubío Sanlés e Esther Calviño Sanlés participaron no acto que estivo presidido polos reis de España, e no que tamén asistiron outros 98 estudantes cun brillante expediente académico.

Esther Calviño estudou na Universidade da Coruña e coa bolsa realizará un máster en Bioloxía Química na Universidade de Xenebra, mentres que Iván Tubío estudou o dobre grao en Estudos Internacionais e Ciencias Políticas na Universidade Carlos III de Madrid, e na actualidade cursa o MPhil in Comparative Gobernment na Universidade de Oxford.

Ambos os estudantes realizaron os seus estudos de secundaria e bacharelato no IES da Pobra, convertendo a este centro no instituto público con máis representación na entrega das bolsas da Fundación a Caixa.

Os reis entregan a beca á pobrense Esther Calviño, Remitida

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.