Os días 1 e 2 de xullo celebrarase no Son o certame Basket Rompetiño

01 Xullo 2023

O festival Rompetiño Jump de Porto Son será un referente musical pero tamén deportivo. Así, os días 1 e 2 de xullo celebrarase a segunda edición do certame Basket Rompetiño 3×3. Haberá catro categorías:

-Infantil + cadete feminino (do 2011 ao 2007).

-Infantil + cadete masculino (do 2011 ao 2007)

-Júnior + sénior feminino (2006 e anteriores)

-Júnior + sénior masculino (2006 e anteriores).

Haberá importantes premios para as dúas últimas categorías: 400 euros para o primeiro posto, 200 euros para o segundo, 100 para o terceiro e 50 para o cuarto. A competición celebrarase como dixemos o sábado 1 de xullo (a partir das 10.00 horas, júnior + sénior), e o domingo 2 (a partir das 10.00 horas, todas as categorías). As inscricións cómpre facelas a través de Woutick.es.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.