12 anos e medio de cárcere á condutora que causou o accidente no que faleceron dous mozos en Palmeira

17 Xullo 2023

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, condenou a 12 anos e medio de cárcere á condutora que causou un accidente mortal en Ribeira no que faleceron, en maio de 2019, dous mozos. A acusada foi considerada culpable de dous delitos de homicidio doloso, en concurso cun delito contra a seguridade viaria. Ademais da pena de prisión, o TSXG tamén confirmou a condena relativa á privación, durante oito anos, do dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores, o cal comporta a perda do permiso.

A acusada, segundo o relato de feitos probados da sentenza, conducía sobre as 18.35 horas do 5 de maio de 2019 pola estrada AC-305, que une Padrón e Ribeira, cando, á altura de Palmeira, ao tomar unha curva á dereita, invadiu o carril de sentido de circulación contrario e chocou frontalmente contra outro coche no que viaxaban un home e unha muller, os cales faleceron como consecuencia do impacto. Os membros do xurado entenderon acreditado que a acusada circulaba a unha velocidade duns 130 km/h, cando o límite de velocidade establecido era de 70 km/h, e baixo os efectos do alcol e de fármacos antidepresivos e antipsicóticos.

O TSXG salienta que “comparte plenamente o razoamento” do Tribunal do Xurado, que entendeu que “non estamos ante unha cuestión de falta de destreza ao volante polo consumo de alcol e fármacos, senón de voluntaria e consciente xeración dunha situación de gran risco para os demais usuarios da vía, e de aceptación do mesmo e dos seus eventuais resultados ao persistir na conduta perigosa”. Así, recalca que “se trata dunha decisión ben explicada, razoable e que atopa apoio nunha proba contundente”. Polo tanto, rexeita a primeira alegación da recorrente, quen indicou que, se se acepta que estaba afectada na súa capacidade para conducir, “habería de estenderse á súa imputabilidade, devalando a súa capacidade de entendemento e vontade en relación coa acción que executaba”.

Con todo, o alto tribunal galego móstrase conforme coa sentenza da Audiencia Provincial, na que consta que, antes do accidente, xa circulaba “de forma perigosa para os demais usuarios da vía, a velocidade superior á permitida e invadindo parcialmente en ocasións o sentido contrario, obrigando a outros vehículos a apartarse ou separarse do seu camiño para evitar o risco de colisión”. Os membros do xurado, tal e como explicou a Audiencia, entenderon que actuaba así “porque lle resultaba indiferente se desta forma causaba un accidente e lesionaba ou mataba a outros” e aseguraron que “sabía que era moi probable que se producise un choque frontal cun vehículo que viñese no sentido contrario se tomaba esa curva a esa velocidade e nas condicións nas que se atopaba para conducir, a pesar do cal, seguiu conducindo dese modo, aceptando así que puidese producirse o resultado que ao final se produciu”.

O TSXG conclúe que “existe proba suficiente validamente obtida, e de significado incriminatorio, que permitiu ao tribunal razoar de forma coherente co actuado a condena por un delito doloso, sequera nese nivel eventual, e non imprudente, nos termos apuntados, polo que non existe tampouco a vulneración do dereito á presunción de inocencia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.