O Sons da Vila volve animar as terrazas da Pobra

18 Xullo 2023

Bo tempo, música, ambiente distendido… Esta será a tónica xeral ao abeiro do Sons da Vila que levará
ás terrazas da Pobra do Caramiñal unha ducia de concertos dende xullo a setembro. A concelleira Patricia Lojo, acompañada do representante da produtora Silencio Roto, Ricado Boo, relata que con esta nova
convocatoria se busca seguir na senda de incrementa-la oferta cultural para o verán, servir de escaparate a grupos locais e dinamiza-las contornas das terrazas dos establecementos hostaleiros.
O mes de xullo contará coas actuacións de Rockolas (día 20, Xardíns de Valle-Inclán); D Crooners (día 21, praza de Maura) e Adolfo FH (día 26, Xardíns de Valle-Inclán).
O ritmo chegará no mes de agosto con Mar Davila (día 2, Xardíns de Valle- Inclán); Calle Bailén (día 3, praza Victoriano García Martí); Leite con jalletas (día 16, rúa Rafael Calleja); Human (día 17, praza Paulino Santos); Os Bar Ban Sónicos (día 24, Xardíns de Valle-Inclán); Bafana Bafana (día 27, praia da Illa); Loren Tevra & Nando Llon (día 30, paseo dos Areos); e Tobogán (día 31, praza Victoriano García Martí).
E Caras B pechará o cartel no 3 de setembro, na praza de Maura.
Estas sesións musicais comezarán ás 21.00 horas, agás nas xornadas do 3, 27 e 30 de agosto (21.30, 20.00 e 13.00 horas, respectivamente) e do 3 de setembro (ás 20.00 horas).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...