O Puebla F.C. celebra o seu 50 aniversario cun partido na Alta

17 Xullo 2023

As vodas de ouro do histórico equipo de fútbol da Pobra do Caramiñal, o Puebla F.C, festexaranse no 10 de agosto cun partido no estadio municipal da Alta, ás 19.30 horas. No encontro, o R.C. Deportivo de 1.ª Ref. e a S.D. Compostela de 2.ª Ref. disputarán o trofeo conmemorativo.

A venda de entradas estará operativa nos vindeiros días no Liceo local e tamén haberá puntos móbiles dos cales se informará no Facebook do club pobrense, segundo explica o seu presidente, Nelson Barreiro. De sobraren entradas, poderanse adquirir tamén na billeteira no propio día do evento. O prezo sitúase nos 12 euros por persoa adulta e nos 8 euros para crianzas menores de 10 anos.

O concelleiro Eloy Sobrido comunicoulles aos responsábeis do club os seus parabéns por este 50 aniversario; “unha lonxeva e fecunda traxectoria que se traduciu en numerosos logros, xogadores e seareiros/as á práctica do fútbol que construíron unha gran familia deportiva”, dixo. Neste senso, o edil incidiu no apoio da Administración local ao deporte local; entre eles, o fútbol.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.