O PP reprocha ao goberno de Ribeira que pretenda darse sete dedicacións exclusivas e ninguha á oposición. O anterior executivo otorgou 3 exclusivas e unha parcial ao goberno e outras tres o 75% á oposición

17 Xullo 2023

O Partido Popular de Ribeira quere manifestar a súa máis absoluta estupefacción tras coñecer que no
pleno de organización previsto para este mércores (20 horas) o Executivo que encabeza o nacionalista Luís Pérez Barral ten a intención de aprobar un total de 7 dedicacións exclusivas para o equipo de Goberno e ningunha para a oposición.
Os populares rexeitan absolutamente esta forma de proceder unilateral, desprezando abertamente ao partido que máis número de concelleiros ten a Corporación de Ribeira, o único integrante da oposición, con que,din, nin o señor Pérez Barral nin ningún outro membro do goberno se comunicou en ningún momento para abrir unha vía de diálogo.
Os populares din que choca este xeito de gobernar por parte dun alcalde que cando estaba na oposición se escudou na suposta falta de diálogo do PP para rexeitar os orzamentos municipais de 2022 e 2023, e que incluso anda a predicar estes días nos medios de comunicación a importancia do mesmo: “O primeiro que van ver é un goberno disposto a dialogar con todo o mundo”, dicía onte domingo o señor Pérez Barral nunha entrevista nun xornal. Semella que en “todo o mundo” non se inclúen os 5.179 votos obtidos polo Partido Popular.
Parécenos din, outra clara mostra de hipocrisía que un partido que nos acusou reiteradamente de “despilfarro” na xestión dos cartos públicos aumente de 3 a 7 as dedicacións exclusivas (tamén había 1 parcial) das que van desfrutar os membros do goberno. E isto, co agravante de que se lle nega á oposición ningunha dedicación total ou parcial (na anterior corporación aprobáronse 3 ao 75%), a todas luces coa manifesta intención de poñer trabas á nosa obriga de fiscalizar a acción de goberno.
Aumento dun 21% en salarios
O gasto en salarios de alcalde e concelleiros do tripartito incrementaríase nun 21% sobre o percibido por goberno e oposición no pleno de organización do 2019, pois pasaría de 223.532,34 euros a
272.000 euros no do 2023: practicamente 200.000 euros en catro anos.
Hai que recordar que na anterior Corporación, encabezada polo popular Manuel Ruiz Rivas, o pleno de organización asignou ao equipo de Goberno tres dedicacións exclusivas (a Manuel Ruiz, María Sampedro e Emilio Pérez) e unha parcial ao 75% (a Ana Ruiz); mentres que para a oposición concedeu 3 dedicacións parciais ao 75% a PSdG-PSOE, BNG e PBBI (que este último partido declinou).
Estas son as 7 dedicacións exclusivas que pretende aprobar o novo goberno:

  1. Luís Perez Barral (BNG) – 55.000 €
  2. Herminia Pouso Maneiro (PBBI) – 42.000 €
  3. Francisco Suárez-Puerta Colomer (PSOE) – 35.000 €
  4. Vicente Mariño de Bricio (PBBI) – 35.000 €
  5. Tania Redondo Fernández (PBBI) – 35.000 €
  6. Xabier Vidal Peón (BNG) – 35.000 €
  7. Antía Alberte Maneiro (BNG) – 35.000 €
  8. PP: 0 €

As aprobadas no 2019 con Manuel Ruiz como Alcalde:
Dedicacións exclusivas:

  • Alcalde (PP): 55.482,14 €
  • María Sampedro (PP): 33.610,04 €
  • Emilio Pérez (PP): 33.610,04 €
    Dedicacións parciais:
  • PP: 25.207,53€
  • PBBI: 25.207,53€
  • PSdG-PSOE: 25.207,53€
  • BNG: 25.207,53€

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.