O Goberno de Ribeira salienta a súa maioría estable e cun alcalde que reduce o soldo 6.000 euros

20 Xullo 2023

O Goberno local de Ribeira anunciou hoxe o importe das dedicacións que terá para o mandato 2023-2027. Os integrantes do Executivo acordaron manter conxeladas as dedicacións en 7 fronte o máximo legal que é de 10.

As principais mudanzas tradúcense na rebaixa do soldo do alcalde, cunha redución do 10% acadando a cifra de case 6.000 euros e tamén na redución de cadanseus 2.613€ por cada unha das dedicacións exclusivas quedando en 35.000 euros brutos anuais coa excepción da de Economía e Facenda que ficará nos 42.000 euros brutos anuais.

O rexedor ribeirense Luís Pérez Barral, xunto cos tenentes de alcalde Vicente Mariño e Fran Suárez-Puerta, explicou que os gastos dun goberno que conta con maioría estábel de 11 edís serán tan só 23.000 euros máis que o anterior Goberno en minoría do Partido Popular de 9 edís.

Desde o Concello consideran que é “curioso que sexa o Partido Popular quen poña o grito no ceo por 23.000 euros pero nin se inmutou cando provocaron sobrecustos millonarios en infraestruturas que eles mesmos planificaron”. Barral referiuse a casos como os do novo auditorio que pasou dos 2,5 aos 6 millóns de euros, a casa da xuventude cuxo valor inicial era de 860.000 euros acabou nos 1,1 millóns de euros, o mercado municipal elevouse de 2,7 a 3,5 millóns de euros, o pavillón de Palmeira de 1,3 a 2 millóns de euros, a depuradora tivo unha desviación de 1 millón de euros e un longo etcétera como a escola infantil, o matadoiro municipal ou o centro social de Carreira. En total máis de 6 millóns en sobrecustos motivados pola súa mala xestión”.

Desde o goberno municipal remarcan que “por primeira vez en moito tempo” cada área terá á fronte unha persoa preparada e con coñecementos directos na materia que coordinará o que se traducirá na mellora do funcionamento do Concello e na resolución dos problemas que afectan á veciñanza.

Os membros do goberno acusaron ao Partido Popular de querer “embarrar” e “mentir” ao coller as contías económicas do ano 2019 e non as dos últimos anos nos que o ex-alcalde Manuel Ruiz cobraba 60.728€ que a concelleira María Sampedro e Emilio Outeiral superaban os 37.613€.

Pérez Barral recriminou que o PP lle minta á veciñanza e argumentou que “dos 36 anos de gobernos de dereita, en 32 anos non houbo dedicacións”. De feito o rexedor puxo o seu caso como exemplo ao afirmar “eu mesmo estiven 12 anos de concelleiro sen cobrar e compatibilizando co meu emprego”. Barral rematou a súa intervención convidando á portavoz do PP a “descubrir que hai vida laboral, máis alá da política”.

As dedicacións quedan do seguinte xeito: alcalde 55.000€; concelleira de Economía e Facenda 42.000 euros; concelleiro de Servizos Sociais e Mercados Municipais 35.000€; concelleiro de Servizos Sociais e Mercados Municipais 35.000€; concelleiro de Infraestruturas e Obras, Deportes, Transparencia e Participación Veciñal 35.000€; concelleira de Medio Rural e Servizos Municipais 35.000€; concelleira de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal 35.000€ e concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías 35.000€.

Outros artigos

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.