O Día das Artes Galegas 2024 dedicado ao escultor cambadés Francisco Asorey

03 Xullo 2023

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou este pasado sábado sesión ordinaria da institución no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), na que decidiu, tras votación regulamentaria, homenaxear ao longo do 2024 e, en especial, no Día das Artes Galegas do 1 de abril ao escultor cambadés Francisco Asorey.
O presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, explica que Asorey é un deses personaxes da arte que debía ser homenaxeado na efeméride das artes galegas.
“Falar de Francisco Asorey, vinculado á RAGBA e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, é falar da escultura galega por antonomasia. É a significación da escultura galega contemporánea, un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado” –destaca o presidente–.
Nado en Fefiñáns, Francisco Asorey González (Cambados, 1889 – Santiago, 1961) está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Estudou no colexio dos Salesianos en Sarrià (Barcelona) e logo foi profesor de debuxo na escola que tiñan en Barakaldo (Bizkaia). Despois viviu uns anos en Madrid, onde entrou en
contacto co ambiente artístico da capital, que non lle agradou moito. Alí coñeceu e fixo moita amizade co pintor Julio Romero de Torres e comezou os seus primeiros traballos artísticos de relevancia.
En 1918 gaña por oposición a praza de escultor anatómico da facultade de Medicina de Santiago de Compostela, cidade á que se traslada definitivamente a vivir. Alí casa con Jesusa Ferreiro na década de 1920 e monta un taller de escultura na rúa Caramoniña (xunto ao convento de San Domingos de Bonaval). Deste taller saen as obras en madeira policromada tituladas ‘Picariña’, ‘Naiciña’, ‘O Tesouro’, ‘Ofrenda a San Ramón’, ‘A Santa’ e ‘San Francisco’ (1ª Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid).

Na década de 1930 traslada o taller a Santa Clara por necesidades de espazo. Neste lugar creou os grandes monumentos de ‘Loriga’, ‘Curros Enríquez’, ‘Virxe de Tanxil’… A represión da guerra civil lévalle a moitos dos seus amigos, como Camilo Díaz Baliño, e viviu eses anos nun plano discreto. Adáptase á nova situación e segue traballando, facendo en moitos casos obras para as autoridades franquistas co vocabulario propagandístico que se lle esixe, pero tamén afronta encargas de gran calidade, como a ‘Piedade’ para o Panteón do Centro Galego de Bos Aires, o monumento ao Padre Feijoo no Mosteiro de Samos, o monumento a Ramón Aller en Lalín ou a magnífica talla en madeira do Cristo da igrexa de Santa María de Moiá en Barcelona. Foi proposto como académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes por José Baldomir Rodríguez, Narciso Correal y Freyre de Andrade e Eladio Rodríguez González, nomeado por unanimidade o 23 de abril de 1944 e tomou posesión o 9 de novembro de 1947 na sede da Academia. En 1957 foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega.
O Día das Artes Galegas foi creado pola RAGBA en 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1 de abril de 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. De aí que o Mestre Mateo fose o primeiro persoeiro en ser distinguido na primeira edición da efeméride.
Neste ano 2023 a figura homenaxeada foi o trobador Martín Codax. Na edición de 2022 o homenaxeado foi o pintor lalinense José Otero Abeledo “Laxeiro”. A figura destacada en 2020-2021 foi o arquitecto do Barroco galego, Domingo de Andrade, formulador da imaxe de Santiago na contorna da Catedral de Santiago. Mentres, en anos anteriores homenaxeáronse figuras como a de Luis Seoane (2019), Alejandro de la Sota (2018), Maruja Mallo (2017), e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (2016).

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.