Obradoiros en Boiro en Ribeira para aprendernos a manexar o novo equipamento disruptivo das aulas CeMIT

10 Xullo 2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia (AMTEGA) organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación arredor do equipamento disruptivo na Rede CeMIT. O obxectivo destes obradoiros é formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado ao tecido autonómico de aulas de alfabetización tecnolóxica. Haberá sesións en Boiro e Ribeira.

Recepción do material disruptivo da Aula CeMIT de Boiro, o pasado mes de marzo

Esta actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025) para mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e adaptarse ás novas demandas da cidadanía.

Organizaranse 18 obradoiros presenciais, de catro horas cada un, nas aulas CeMIT de diversos concellos das catro provincias galegas (en Pontevedra o mércores 12 de 10 a 14 horas), ademais de en Valga, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vigo, Ponteareas, A Estrada, Betanzos, Guitiriz, Cuntis, Quiroga, Castrelo de Miño, Moaña, Vimianzo, Boiro, Ribeira, Celanova e San Sadurniño. A inscrición pode realizarse a través da web da Rede CeMIT ou poñéndose en contacto directamente con cada aula.

O novo e innovador equipamento tecnolóxico da Aula CeMIT de Ribeira

Como dixemos, a iniciativa ten como finalidade impartir cursos formativos para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñíbel na Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.

Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.

A actividade está dirixida á cidadanía en xeral que non precisará contar con coñecemento previo, aínda que si con competencias básicas no uso da TIC.

Cursos e inscricións

12 de xullo Pontevedra. Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran Vía de Montero Ríos s/n). 10 a 14 horas;

13 de xullo Valga. Aula CeMIT (Ferreirós, 1 Cordeiro). 10 a 14 horas;

19 de xullo Oroso. Aula CeMIT (rúa do Deporte 9). 10 a 14 horas;

27 de xullo A Estrada. Aula CeMIT (Avenida Benito Vigo, 94, 1º). 10 a 14 horas;

31 de xullo O Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do Concello 2, 2º andar). 10 a 14 horas;

31 de xullo Vigo. Aula CeMIT (Auditorio Pazo Congresos Mar de Vigo (Entrada UNED) – 5ª planta. Avda. Beiramar, 59) 9:30 a 13:30 horas;

8 de agosto Ponteareas. Aula CeMIT (Centro de Servizos Sociais, rúa Oriente, 8). 17 a 21 horas;

9 de agosto Betanzos. Aula CeMIT. Oficina municipal de información xuvenil (rúa Emilio Romay, 1). 9:30 a 13:30 horas;

2 de setembro Guitiriz. Aula CeMIT (rúa do Concello, s/n. Casco Urbano). 10 a 14 horas;

4 de setembro Cuntis. Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 16 a 20 horas;

7 de setembro Quiroga. Aula CeMIT (Casa da Cultura. Rúa Real, s/n). 16 a 20 horas;

12 de setembro Castrelo de Miño. Aula CeMIT (Avda do Concello nº7 A, Paradela, Barral). 10 a 14 horas;

13 de setembro Moaña. Aula CeMIT (rúa María Martin, 4. Casa da Mocidade. Casco Urbano). 16 a 20 horas;

18 de setembro Vimianzo. Aula CeMIT (rúa A Braña, s/n. Casa da Cultura de Vimianzo). 16 a 20 horas;

19 de setembro Boiro. Aula CeMIT (Centro Social, 1º andar. Rúa Principal s/n). 16 a 20 horas;

2 de outubro Ribeira. Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño, Nº 20). 10 a 14 horas;

3 de outubro Celanova. Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 10 a 14 horas;

4 de outubro San Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11). 10 a 14 horas;

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.