O Consello Sectorial de Pesca de Ribeira reuniuse este venres 28 de xullo para abordar de xeito conxunto a sucesión de roubos que están padecendo as embarcacións atracadas nos peiraos de Ribeira, Aguiño e Palmeira.

Durante a sesión, presidida polo alcalde Luís Pérez Barral e polo concelleiro de Mar Fernando Abraldes, púxose o foco “no grave problema que lles ocasiona aos mariñeiros os roubos de aparellos de pesca, aparatos tecnolóxicos e desperfectos producidos nas súas embarcacións”.
Desde o sector do mar recordouse que alén dos danos materiais, hai que sumarlle “o prexuízo de ter que quedar en terra sen ir ao mar durante varios días tralos roubos”.
Tanto desde o sector como desde o Goberno local houbo unha petición unánime para que Portos de Galiza implemente as gardas nocturnas con persoal que permitan gañar en seguridade. Amais, apostouse polo reforzo da seguridade mediante a instalación de cámaras de videovixilancia.
O rexedor local mostrou a boa disposición do Goberno local para colaborar no que se poida para poñerlle fin a estes episodios.
A composición e asistentes ao Consello é o seguinte:
D.Luís Antonio Pérez Barral Alcalde e Presidente do C.S.P.
D. Juan Manuel Salguero del Valle Designado como Secretario do C.S.P.
Vogais
D. Manuel Lampón Suárez Vicepresidente C.S.P.
Dª María José Sampedro González Grupo Municipal Popular
D. María Cruz Rivadulla Márquez Grupo Municipal Bloque Nacionalista Galego
D. Fernando Abraldes Pérezo Grupo Municipal Partido Barbanza Independiente
D. Francisco Suárez-Puerta Colomer Grupo Municipal Socialista
D. Francisco Ayaso Casais Asociación do Cerco de Ribeira e Aguiño
Dª María José Casais So. Coop. Galega do Mar Santa Uxía Limitada
D. José Antonio Santamaría Sampedro Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño
D. José Antonio Pérez Sieira Confraría de Pescadores San Pedro
D. Miguel Antonio Franco Parada Confraría de Pescadores de Palmeira
D. Francisco Martínez Gude Asociación de Empresarios de Ribeira
Dna Leyre Blanco Rama Xefa Distrito Ribeira
D. Fernando Estévez Otero Representante Portos



