O Concello de Dodro retira temporalmente os contedores de obras por un uso inadecuado dos mesmos

26 Xullo 2023

O Concello de Dodro lanzou nas redes un comunicado no que informa da retirada dos contedores de obra onde foron localizados vertidos de refugallos diversos alleos á actividade para a que foron dispostos os ditos colectores (alleos ás tarefas de construción, reparación, etc).

O Goberno local explica que os contedores volverán ser repostos até que se atope unha solución a esta problemática, que se veu materializando na proliferación de materiais que non correspondían nos ditos acubillos e, tamén, na xeración de vertedoiros a carón dos contedores, co custo económico e ambiental que isto supón.

“Despois de case tres anos atopamos que non é doado conseguir un uso razoábel deste servizo, xa que estamos o seu uso por parte de empresas, incluso de outros concellos, cando elas mesmas deben encargarse desa xestión dos residuos”, explican dende o Concello, engadindo que “o abandono de materias nas estradas, ou outros residuos (neveiras, móbeis) ao lado dos contedores, non e cívico nin normal, de feito o Concello dispón dun servizo propio para estes usos, de sobra coñecido polos seus veciños”.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.