O Concello de Boiro recibe unha subvención para a contratación do servizo de limpeza de praias

10 Xullo 2023

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención para a limpeza de praias no ano 2023. O importe que lle corresponde é de 25.849,91 euros. Están a destinarse aos gastos de contratación dirixidos aos profesionais que se encarguen da posta a punto dos areais do municipio durante o verán. Fontes do Consistorio poñen o foco na importancia de reforzar este servizo, xa que o concello conta cunha ampla extensión de costa con areais con ocupación alta durante a época estival como son Carragueiros, Barraña, Mañóns, Ladeira do Chazo, Retorta ou Ribeira Grande.

O Concello tamén recorda que o persoal contratado mediante esta subvención comezou xa os traballos nos areais de recollida manual dos residuos que se atopan nas praias e a recollida de algas, así como o baleirado das papeleiras que se van levar a cabo ata o 11 de setembro.

Ademais deste acondicionamento diario manual nos areais, o Concello de Boiro leva a cabo a limpeza mecánica das praias para eliminar os residuos traídos polo mar e depositados na superficie areosa. Tamén se están a levar a cabo as tarefas de roza das zonas verdes próximas aos areais e o acondicionamento das zonas destinadas aos servizos de praias.

No mes de xullo comezou tamén o servizo de socorrismo nos areais, cun total de sete socorristas que prestan servizo nas praias de Carragueiros e Barraña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...