O Concello da Pobra acolleu este 26 de xuño a sesión organizativa da Corporación para a nova lexislatura

26 Xullo 2023

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu neste 26 de xullo, a partir das 09.00 horas, a sesión extraordinaria de organización da corporación municipal para a lexislatura 2023-2027, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel María Durán Guillán (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Posta en coñecemento da constitución de grupos políticos municipais e voceiros.

2. Dar conta da resolución da alcaldía en materia de nomeamento dos membros da xunta de goberno local e delegacións nesta.

3. Dar conta das resolucións da alcaldía en materia de nomeamento dos tenentes de alcalde.

4. Dar conta da resolución da alcaldía en materia de delegacións nos concelleiros.

5. Proposta da alcaldía relativa á periodicidade das sesións do pleno. Aprobada por unanimidade.

6. Proposta da alcaldía de creación e composicións das comisións informativas. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP).

7. Proposta da alcaldía de delegación de competencias plenarias na xunta de Goberno local. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP).

8. Proposta da alcaldía sobre o nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP).

9. Proposta da alcaldía sobre a designación de dedicacións, réxime económico das asistencias e indemnización e asignacións ós grupos. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.