O BNG insta de novo ao Goberno do PP a facer cumprir a lei para protexer a ría de Muros-Noia do impacto da mina de San Finx

05 Xullo 2023

A deputada do BNG Rosana Pérez reclamou hoxe ao Goberno do PP “respecto” polas miles de persoas da comarca de Muros-Noia que, dixo, levan anos sufrindo a “deixación de funcións” respecto da  mina de San Finx, no Concello de Lousame, e a súa afectación a unha das rías “máis produtivas e potentes” do país.

Tras un “longo e turbio” procedemento e a pesar das dilixencias penais en curso, denunciou que a Xunta concedese este ano unha nova autorización de residuos industriais que xa contempla -explicou a parlamentaria- a posterior reapertura da actividade mineira e que, ademais, xa se está a incumprir.  Apuntou, neste sentido, a varios dos 18 condicionantes impostos por Augas de Galicia á empresa, e precisou que o prazo de execución das obras da planta de tratamento remataba o 1 de xullo, “pero alí só hai unha explanada de terra e unha manchea de tubos apilados á porta da mina”.

Unha vez máis, Rosana Pérez instou á conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, a facer cumprir a lei e atender as denuncias respecto ao impacto ambiental do complexo sobre a ría Muros-Noia que os colectivos afectados levan facendo dende hai anos.  Fíxoo a través dunha pregunta no Pleno tramitada con urxencia tras a  reapertura da causa penal contra o ex director xeral de Enerxía de Minas Bernardo Tahoces -no seu momento apoiado por Núñez Feixóo-,  e outros funcionarios do mesmo departamento da Xunta imputados por presunta falsidade en documento público no “longo e turbio” procedemento do complexo, hoxe en mans dun fondo de investimento australiano.

A nacionalista lembrou que o ex director xeral “deixou as presas de residuos mineiros de San Finx fóra do proxecto de restauración” e que ditas presas se recollían nun informe “non como balsas de residuos industriais, senón como parte dunha central hidroeléctrica que non existía e onde a máis grande ten 50 metros de longo e 14 de alto, que pecha un val fluvial cun dique de contención e que se quixo facer pasar por un pequeno muiño”.

Expuso, neste sentido, que a Audiencia Provincial vén de reabrir as dilixencias penais contra Tahoces e outros funcionarios “por negar que fose necesario someter a explotación mineira a unha avaliación de impacto ambiental e mentir sobre a natureza e antecedentes das presas de residuos mineiros de San Finx e sobre a existencia de vertidos contaminantes”. Subliñou, neste sentido, que as “irregularidades” polas que se reabriron dilixencias penais “son as mesmas que durante anos denunciaron os colectivos e entidades sociais da zona, as mesmas das que o BNG leva tamén anos alertando na Cámara e as mesmas que nin o PP e a Xunta “levan anos non só desouvindo e desatendendo, senón que aínda hoxe continúan permitíndoas”.

“Por qué señora conselleira seguen sen cumprir e sen facer cumprir a lei no caso do complexo mineiro de San Finx? Van ter en conta a reapertura destas dilixencias penais para actuar de oficio e de urxencia?”, preguntou a deputada do Barbanza. 

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.