O arraigamento do remo na Pobra constatarase no 22 de xullo cunha dobre cita

22 Xullo 2023

O remo vivirase dobremente no 22 de xullo coa XVIII Bandeira Concello da Pobra e a III Bandeira
Feminina Alicrusa. Organizadas polo Club Remo Puebla e a Liga Galega de Traiñeiras (LGT), a Administración local pobrense patrocina a primeira, mentres que a empresa Alicrusa fai o propio coa segunda. Un total de 19 embarcacións vogarán as augas da localidade para se alzaren coa vitoria
nas súas respectivas probas.
A xornada arrancará ás 18.30 horas coa III Bandeira Feminina Alicrusa, na que tomarán parte 7 clubs. Unha vez finalice esta regata, arredor das 19.00 horas, procederase coa XVIII Bandeira Concello da Pobra, que contará coa participación de 12 entidades deportivas.
No acto de presentación estiveron presentes o concelleiro Eloy Sobrido; a técnica municipal dos Deportes, Ana Romero; o presidente do Club Remo Puebla, Antonio do Carmo; e a secretaria da LGT, Montserrat Canedo.

O edil puxo en valor a práctica do remo ao se tratar dun deporte cun forte arraigamento no municipio, polo cal tamén tivo palabras de recoñecemento para a entidade pobrense polo seu papel como axente
dinamizador da vida deportiva e polos títulos acadados nos últimos anos.
Así mesmo, quixo agradece-la colaboración da Protección Civil no desenvolvemento deste dobre evento.
Como xa é habitual, a distancia por completar será de 5556 metros, nun campo de 4 rúas, repartidos en 6 longos e con 5 ciavogas, nas inmediacións do peirao comercial. O premios suporán a entrega das
propias bandeiras e no repartimento dun total de 14 985 euros: 9 000 euros para a liga masculina e 5 985 euros para a feminina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.