O 29 de xullo celébrase en Noia a quince edición do certame de pintura ao libre “Juan José Fernández Leiceaga”

21 Xullo 2023

Esta semana presentáronse os detalles do XV Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga”, certame noiés que recoñece e distingue a creación artística participativa, aberta, colectiva e libre de limitacións físicas. Está aberto a artistas de todas as idades e o tema obrigado do concurso será o centro da vila de Noia e os seus arredores. Ademais, necesariamente as obras deberán ser pintadas en directo, in situ.

Haberá tres categorías: adultos (de 17 anos en diante), infantil (de 4 a 10 anos) e xuvenil (de 11 a 16 anos).

Para participar é conveniente realizar a prescrición só para a categoría adultos

• O prazo para realizar a prescrición na categoría adultos abre o 27 de xuño e pecha o martes, 25 de xullo ás 13.30 h.

• Inscricións no correo electrónico sesecertamen@gmail.com dando os seguintes datos: nome e apelidos, número de DNI e un teléfono de contacto.

Para calquera información chamar de luns a venres ao teléfono 699 30 14 81 en horario de 09:30 a 13:30 h.

Podemos consultar as bases nos carteis publicados no Facebook dende a Área de Cultura municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.