“In memorian, o ribeirense O Jandulo, faleceu ós 89 años”. José Manuel Pena

10 Xullo 2023

Era un traballador incansable. Por circunstancias, desde unha idade moi temperá, tivo que asumir as responsabilidades familiares. Así, traballaba no mar, desde a madrugada ata a hora do xantar e polas tardes atendía as leiras dos seus pais, cultivando e coidando o millo, o trigo, as patacas, etc. .
Durante máis de medio século traballou como autónomo na pesca de baixura e o marisqueo. Era un pescador respectado e querido pola xente do sector e moi respectuoso co medio mariño.

Unha parte da súa familia utilizouno, en numerosas ocasións, para dirimir conflitos familiares, evitar rifas ou pelexas entre pais, irmáns e fillos. Era un bo pescador, vendía bos lotes diariamente en lonxa e mesmo traía especies para casa e repartir entre familiares e veciños, de maneira frecuente.

Asumiu, voluntariamente, responsabilidades de goberno na Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, como membro do cabido, vicepatrón maior e presidente da agrupación de mariscadores. Durante anos viaxou moito a outros portos do outro lado da ría de Arousa e mesmo á capital de España, custeándose os desprazamentos do seu propio peto. Era consciente de que había que defender, neses momentos de dificultades, os intereses das familias mariñeiras do sector da baixura e do marisqueo.

Tamén foi un home moi querido e admirado polos responsables pesqueiros daqueles anos, incipientes da futura administración autonómica da Xunta de Galicia. Pedíanlle consello e valoraban o seu traballo honrado na pesca selectiva, tradicional e sostible.

Ao xubilarse, nunca deixou de saír ao mar, na 7.ª lista, e a loitar pola defensa desa práctica pesqueira que lles permitía faenar, cun tope de capturas e un límite de días, para consumo propio.

Os seus últimos anos de vida foron duros, na súa loita contra o Alzhéimer.

Papá, D.E.P.

José Manuel Pena


              

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.