Gadis lanza un concurso en TikTok para impulsar o uso do galego entre a mocidade

13 Xullo 2023

Supermercados Gadis vén de lanzar a iniciativa Orixe Zeta, a primeira edición do Concurso Gadis de Nova Creatividade Galega. Fíxoo no marco do convenio asinado coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e co foco posto nas redes sociais, concretamente nun dos servizos de comunicación máis empregados na actualidade polas novas xeracións: a rede TikTok. O obxectivo é “promover o emprego do galego entre a mocidade, ademais de poñer en valor o seu talento creando contidos orixinais neste idioma nas súas redes sociais”.

Esta iniciativa está dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, que deberán publicar un vídeo orixinal en galego de menos de 60 segundos en TikTok. Terá que encaixar nalgunha das seguintes disciplinas: música, poesía, creatividade audiovisual ou creatividade gráfica e compartilo na web www.gadisorixezeta.gal.

O prazo para participar neste concurso xa está aberto ata o próximo 17 de setembro.

O xurado elixirá dous gañadores: para o vídeo co mellor contido e para o que goce de mellor calidade técnica. Serán agasallados cun iPhone® 13, Midnight 128 GB e uns airpods. Entre o resto de participantes, sortearanse 10 vales de compra por valor de 50 euros para utilizar nos establecementos Gadis.

O desenvolvemento deste concurso enmárcase no compromiso de Gadis coa cultura galega dando continuidade no tempo ás accións que leva a cabo ao fío do Día das Letras Galegas. Para achegarse á xeración Zeta, elixiu levar a cabo esta iniciativa nunha das plataformas dixitais que máis empregan no seu día a día, de xeito que poidan expresar o seu talento utilizando este idioma. “Pretendemos tamén propiciar un espazo inspirador, no que se sintan valorados por amosar a súa creatividade no idioma propio”, sinalan fontes da empresa galega, engadindo que esta acción súmase ao recente lanzamento do 4º Concurso de Microrrelatos de Gadis, coa natureza como tema central (co prazo de participación aínda aberto, ata o 31 de agosto, para enviar textos breves en galego ou castelán).

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...