Un home caeu por un terraplen desde unha altura próxima aos dous metros mentres paseaba polas proximidades do areal pobrense dos Raposiños polo que as emerxencias mobilizaron ao helicóptero do 061.
Foi un particular o que deu aviso do ocorrido ao considerar e ata o lugar dos feitos desprazáronse tamén a Policía Local e Protección Civil da Pobra.
O home presentaba dor de cabeza e perdas de consciencia polo que foi evacuado en helicóptero ata o Hospital Clínico de Santiago.




