Este venres comeza a XXIV Feira Medieval de Noia

13 Xullo 2023

A Concellería de Cultura – Concello de Noia vén de publicar a programación completa da XXIV Feira Medieval, un dos acontecementos festivos e culturais máis relevantes da nosa comarca e que, tal e como avanzamos a semana pasada dende este medio, comeza este venres 14 de xullo e achega tres días (até o domingo) de actividades centradas no pasado medieval da vila noiesa.

Segundo confirmou o Concello, este ano porase o foco en ofrecer a veciños e visitantes, durante toda a fin de semana, “unha experiencia inmersiva e envolvente para todos os visitantes”.

Haberá, prosegue a área de Cultura que dirixe José Pérez, artesáns habilidosos e artistas da rúa sobrados de talento, postos de artesanía, cultura medieval a pé de rúa e un amplo programa de actividades, como torneos, xogos para a rapazada e exhibicións, que, xunto co importante aporte de participantes que se agarda, de toda Galicia e do resto de España, contribuirán ao que vén sendo o obxectivo primordial da feira: crear en Noia unha atmosfera auténtica e máxica da Idade Media.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...