Ata este martes 25 segue a Feira do Libro de Rianxo

22 Xullo 2023

Este sábado 22 de xullo arranca a Feira do Libro de Rianxo, organizada pola Federación Librarías de Galicia e a Xunta en colaboración coa Deputación da Coruña, o Concello de Rianxo e Café Candelas.

As Feiras do Libro de Galicia celébranse cada ano en diversas vilas e cidades galegas, nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.

O pregón, o día 22, virá da man de Arantza Portabales, que estará acompañada da Agrupación Vai de Roda de Rianxo. O programa inclúe as presentacións e sinaturas de Nadindor y la leyenda de Noa (de Alba López Paredes), Hasta el infinito y más allá (Isabel Ramos), A agonía das folerpas (Óscar Reboiras), Helheim I e II (Maite Mosconi), Las tribulaciones de Bruno Lamas (Juan Galán), Puede que algún día… (Almudena Santamaría), Alma de outono (Silvia Figueiras), Velas al viento (Mingos Rial), Río adentro (Beatriz Pin), A estirpe do arcanxel (Nati Rey), Rianxo: Terra de músicos (Xesús Santos e Xosé Comoxo), A saga das curandeiras (Marisa Castro), Tam I e Tam2 e A proba da auga (Anémona de Río), Incoloro (José Malvárez), La muerte de Alicia (o el ocaso) (Ana Valín), A petición de Auli (Ramón Torrado), Voto de silencio (Andrea Fernández Maneiro), Entre nós (Emilio Castro Fustes), Cosa del Karma (Carmen Fernández), Gomets II (Sabela Cagiao), O tesouro de Rande (Alberto Hevia), A pintura de vida (Fabio Rivas), A parte dos anxos (Enma Pedreira e Carlos Lago), El oro de Himmler (Juan José Lada), Trece avisos (Paula Carballeira), El guardián de las flores (Rober Cagiao), Escachapedras (Fran Bueno) e Gazafellos I e II, Cósmico bombeiro galáctico e Trogo&dita en comandita (Fon).

Podemos consultar o programa completo no documento en liña habilitado, en formato PDF.

Participan a Libraría Pedreira, a Libraría Xacobiño, a Libraría de Rosa (Nobel Boiro), a Libraría Cándido, A Gata Tola e a Libraría Ben.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.