En Ribeira a rapazada dos campamentos despide xullo cun festival

31 Xullo 2023

Este luns os Campamentos de Verán de Ribeira que teñen lugar no CEIP O Grupo e organiza a Concellería de Cultura, recibiron a visita da Concelleira Antía Alberte para despedir ais participantes do mes de xullo coa entrega dun agasallo institucional, un balón de praia en cores amarelo, branco e azul, a cada un dos 150 nenos/as de 3 a 12 anos que asistiron; tamén realizaron bailes con distintas coreografías, xornada de portas abertas onde os pais/nais/avós asustentes escolleron a mascota dos campas entre as elaboradas polis distintos grupos, e que resultou ser Simba o León dos Grupo dos máis cativos.

A concelleira declarou que “Levaba unha grata sorpresa sabendo que moitos dos nenos de xullo repetirán en agosto, sinal de que o Concello e o monitorado están a facer un bo traballo”. 

Maneiro agradeceu o traballo do monitorado, e dos pais e nais que confían na equipa pra organizar este tipo de actividades.

Este martes iniciará o mes de agosto con outros 150 participantes e continuará ata o 8 de setembro co fin de favorecer a conciliación das familias ribeirenses e, incluso, algunhas visitantes.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.