
Foi preciso o corte dun carril da AG-11 mentres os servizos de emerxencias, alí desprazados, traballaban na evacuación dos feridos.
Os Bombeiros indicaron que todo apunta a que o vehículo no que viaxaban os mozos, dous varóns e unha muller circulaba pola AG-11 dirección Boiro e que, ao saírse da vía desprazáronse por unha ladeira e chocaron contra a ponte, a uns seis metros de altura.
Ata tres ambulancias do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 se desprazaron ao lugar para evacuar ás tres persoas, que, tras ser liberadas polos Bombeiros de Ribeira, trasladaron aos tres ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.
O accidente ocorreu sobre as 00:00 horas desta pasada noite. Un particular informaba ao 112 Galicia, a esa hora, dunha saída de vía na Autovía do Barbanza, na AG-11, sobre o quilómetro 21, á altura de Cespón, en Boiro. Case ao mesmo tempo, tamén os servizos sanitarios daban conta dos feitos aos xestores de emerxencias, indicaban que un coche chocara contra a mediana da Autovía e que se precipitara pola ponte. Tamén, un dos implicados puido contactar co 112 Galicia, non sabía explicar o que sucedera pero aseguraba que as tres persoas que viaxaban no vehículo estaban feridas e atrapadas.
Ata o lugar, unha vez posto en marcha o operativo polo 112 Galicia, desprazáronse os servizos sanitarios con tres ambulancias, os Bombeiros de Ribeira, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro.

Unha vez liberados os feridos polos Bombeiros, o persoal sanitario confirmou o traslado dos tres, dous varóns e unha moza, ao Hospital Clínico de Santiago. Así mesmo, os Bombeiros indicaron que o vehículo xa fora retirado por unha guindastre e que a estrada quedara totalmente limpa xa que o accidente tivera lugar fora da Autovía. Con todo, o persoal do Centro de Control da Autovía confirmou que o carril que fora interrompido ao tráfico mentres os servizos de emerxencias traballaban na evacuación dos feridos, xa estaba aberto á circulación.

Fotos: Dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en grave accidente na AG-11 ao seu paso por Concello de Boiro. Colaboran 061, Garda Civil de Tráfico, SMPC Boiro, Mantemento.
Video: (20+) Facebook



