Eliminado un punto de vertido de augas residuais en San Martiño en Noia

29 Xullo 2023
San Martiño en Noia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais na parroquia de San Martiño, no concello de Noia.
O punto da achega irregular foi detectado polo persoal do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, durante tarefas rutineiras de inspección que se levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Os inspectores da Xunta localizaron a achega nun dos pozos de saneamento municipal da contorna, que presentaba unha rotura na base, infiltrando as augas residuais á rede de pluviais.
Augas de Galicia comunicoulle a situación ao Concello de Noia para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.
Nunha nova inspección á zona, o persoal da Xunta verificou que as obras executadas pola entidade local para reparar o pozo e manter a correcta separativa das augas pluviais e residuais permitiu a emenda do vertido irregular cara ao dominio público marítimo- terrestre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.