Unha colisión frontal entre dous vehículos que circulaban pola AC-550, quilómetro 65.5, deixou esta tarde dúas persoas feridas en Outes.
Os dous feridos, totalmente liberados e accesibles, foron evacuados polo persoal sanitario, que desprazou ao punto unha ambulancia nada máis ser avisados polo 112 Galicia.
O accidente tivo lugar ás sete desta tarde, foi a esa hora cando unha persoa particular poñía os feitos en coñecemento dos xestores do centro de emerxencias de Galicia. Indicaba que se trataba dun choque frontal con dous vehículos implicados, que había persoas feridas pero ningunha delas atrapada no interior dos turismos.
A partir de aí, desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Igualmente, foron informados os Bombeiros de Boiro, os membros do GES de Muros e os efectivos de Protección Civil da localidade.




