Detido un sexaxenario en Ribeira por ameazas graves cunha pistola a viandantes en Bandourrío

23 Xullo 2023


Segundo recolle o Diario de Arousa un veciño de Ribeira de 65 anos, cuxa identidade responde as iniciais B.B.R., foi detido pola suposta comisión dun delito de ameazas graves nunha actuación levada a cabo conxuntamente por parte de efectivos da Policías Local e de funcionarios da comisaría, que acudiron en apoio dos axentes municipais tras colisitar a súa presenza. Foi un viandante o que, ao redor das dúas menos vinte e cinco da madrugada do sábado, contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para comunicar que se acababa de ver ameazado por un individuo que levaba oculto o seu rostro cun pasamontañas e que portaba unha pistola, que parecía ser de balines, e coa que estaba a ameazar, ao apuntar coa mesma, á xente que estaba a transitar pola Rúa Manzanares, no barrio histórico ribeirense de Bandourrío.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.