Deporte e solidariedade únense na Pobra a favor da Anedia

14 Xullo 2023

Polo segundo ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo botan a anda-la Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes. A segunda edición desta cita que une deporte e solidariedade desenvolverase no 29 de xullo e abrangue numerosas categorías de competición: dende a sub-6 ata a máster, tanto masculina coma feminina, ademais da Zapatilla Inclusiva.
O circuíto habilitarase no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial, a partir das 20.00 horas. As saídas efectuaranse da rúa Fernández Albor, mentres que a meta estará situada no interior da praza Alcalde Segundo Durán. Deberase completa-la distancia establecida por categoría e no remate procederase coa entrega de premios e agasallos.
A este respecto, o concelleiro Eloy Sobrido, acompañado da técnica dos Deportes, Ana Romero, insistiu no estreito vínculo entre deporte e saúde, especialmente neste evento que tamén busca concienciar sobre unha enfermidade que afecta un 14% da poboación española. De feito, no pasado ano conmemorouse o centenario da primeira inxección de insulina subministrada a un neno con diabetes tipo 1, no 23 de xaneiro de 1922, e que ata aquel momento era unha doenza mortal.
Na súa intervención, a presidenta da Anedia, María José Rego, explicou que tamén haberá mesas informativas de diversos ámbitos da sanidade.

Poderán participar todos/as aqueles/as atletas que o desexaren, independentemente de que estean federados/as ou non. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 14.00 horas do día 27 de xullo a
través da páxina web www.carreirasgalegas.com. O trámite será de balde para as categorías menores e para a Zapatilla Inclusiva, mentres que haberá que aboar un importe de 6 euros nas adultas. O recadado irá destinado a subvenciona-los campamentos de verán organizados pola Anedia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.