Comezan as xuntanzas de traballo dos empresarios e o Concello de Ribeira para levar a bo porto o proxecto do novo polígono

20 Xullo 2023

A comisión de seguimento da Asociación de Empresarios de Ribeira para o desenvolvemento do novo polígono industrial mantivo este xoves 20 de xullo unha reunión de traballo co novo alcalde, Luís Pérez Barral, e con técnicos do Concello, co obxectivo de “abordar o desenvolvemento das obras do novo complexo industrial ribeirense.

Durante o transcurso da xuntanza os integrantes da patronal expuxeron os asuntos que preocupan á asociación sobre como levar a bo porto esta obra. En concreto, tocáronse cuestións como como o
desenvolvemento parcelario, o desenvolvemento urbanístico, o desdobramento da estrada de acceso
e a modificación das rotondas de saída e entrada na autovía, entre outros temas.

A asociación informou dos traballos realizados pola mesma ante diversos organismos da administración ata o día de hoxe. Por parte da alcaldía transmitiuse aos representantes empresariais os seus desexos de colaboración, e comunicóuselles o estado de todos e cada un dos puntos polos que se interesaron, ofrecéndose o equipo de Goberno local para calquera aclaración e brindándose para conseguir un entendemento mutuo que permita conseguir que a obra se leve a cabo o máis rapidamente posíbel.

Na xuntanza ambas as partes comprometéronse para celebrar reunións de seguimento con carácter mensual ou cando calquera novidade así o requira.

A patronal expresou o seu desexo de que todas as entidades implicadas, Xunta, Deputación, Concello e Asociación de Empresarios, “poidamos traballar da man para acadar a consecución da tarefa emprendida”.

Noutra orde de cousas tamén se lle reiterou ao alcalde a postura da asociación acerca do desenvolvemento e finalización da obra da variante, así como diversos asuntos de interese para o comercio, as empresas e a cidadanía, os cales, segundo fixo saber a entidade empresarial, “tiveron unha boa acollida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.