Comeza o campamento de voluntariado ambiental do río Tins en Outes con 35 participantes

29 Xullo 2023

 A pesar do mal tempo, este venres botou a andar o primeiro campamento de voluntariado ambiental do río Tins, con 35 participantes de todas as idades: desde os 5 ata os 69 anos. A iniciativa forma parte do proxecto Renatur_Outes. Durante tres xornadas, o grupo acampará ao pé do pavillón municipal e traballará arreo na eliminación de varias zonas con herba da fortuna (Tradescantia fluminensis), especie invasora que impide a presenza das especies propias dos habitats de ribeira.

Tamén se fará descascado de varias especies de árbores invasoras presentes no río como a acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e falsa acacia (Robinia pseudoacacia), recollerase lixo das zonas de ribeira e organizaranse micro-obradoiros formativos sobre diversas temáticas, desde a utilización de apps de identificación e mapeamento de especies (iNaturalist) ata técnicas de eliminación de especies exóticas invasoras.

O proxecto Renatur_Outes está liderado polo Concello de Outes e conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) así como co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto ReNatur_Outes continuará traballando nos dous próximos anos con outras accións de limpeza de residuos da contorna fluvial, sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas e fomento a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.