Case 150.000 € para a mellora da cuberta da Piscina de Outes

04 Xullo 2023

O Concello de Outes sacará proximamente á licitación a mellora da cuberta da piscina municipal, para corrixir así os problemas estruturais que se levan arrastrando dende a construción destas instalacións. O goberno municipal leva meses traballando na busca dunha solución ás filtracións de auga no edificio e buscando alternativas para financiar as actuacións precisas. Finalmente o concello conseguíu unha subvención do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia, que cubre o 94% do investimento previsto, que é de 148.478,73 €. 

Segundo indicou o alcalde en funcións, Manolo González, agárdase que a actuación estea rematada a finais deste ano 2023 e lamentou que a Xunta de Galicia dea prazos demasiado axustados para a realización das obras. “Como é habitual apenas temos 5 meses para licitar o proxecto, executar as obras e xustificar o gasto. De atendermos a lei de contratación pública son prazos extremadamente xustos”. Con todo, o actual rexedor en funcións congratulouse da axuda acadada para esta actuación que tamén implicará a retirada das placas solares existentes posto que, “dende a súa instalación hai anos case nunca funcionaron, estando agora obsoletas e inservibles”. Do mesmo xeito sinalou que o goberno local seguirá traballando para mellorar a eficiencia enerxética do edificio, tanto con solucións de aillamento como coa instalación de placas solares que funcionen e que reduzan o importante gasto enerxético destas instalacións”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.