Boiro acolle os días 21 e 22 de xullo unha nova edición de Boiromotos

19 Xullo 2023

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición de Boiromotos, que organiza Boiromotos Motoclub e que terá lugar os días 21 e 22 de xullo no parque da Cachada. Na presentación, celebrada na mañá deste mércores 19 de xuño, participaron o alcalde, José Ramón Romero, o presidente de Boiromotos, José Viturro, e outros membros da organización.

Segundo fixeron saber, a concentración comezará o venres día 21 ás 16.30 horas coa apertura das inscricións e con actividades durante a tarde. Pola noite haberá verbena co grupo Claxxon e DJ Matrek. “Contamos con chegar ás 450 ou 500 inscricións pero a festa é aberta a todas as persoas que queiran asistir”, afirmaron dende a organización.

O sábado pola mañá está programado desenvolver cursos de seguridade viaria para a rapazada, inchábeis, adestramento con coches Radio Control CRAWLER e, despois dunha mexilloada, continuarán as actividades con concursos e outras exhibicións para concluír a xornada amenizada por DJ Geno e DJ Martrek.

“A concentración moteira de Boiro é unha cita xa consolidada que cada ano atrae a máis xente que vén pasar a fin de semana, o que fomenta o noso turismo e a nosa economía”, afirmou o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Para a coordinación do evento haberá cortes de rúa nas inmediacións da Cachada, dende o venres ás 14.00 horas non se poderá transitar polas rúas avenida de Avellaneda, rúa María Mariño e avenida empresario Jesús Alonso, onde se realizarán as exhibicións previstas na programación.

Programación venres 21 de xullo
16.30h – apertura de instalacións con consumición e pincho de benvida. Entrega de obsequios e información turística. 
17.00h – inchables para nenos e nenas
19.00h – exhibición de Stunt a cargo do piloto Pichu Stunt Show
21.00h – exhibición de Stunt a cargo do piloto Pichu Stunt Show
22.00h – cea nas instalacións acondicionadas (inscritos) 
23.00h – verbena amenizada por grupo Claxxon e DJ Matrek 
 
Programación do sábado 22 de xullo 
9.00h – almorzo nas instalacións (inscritos) 
10.30h – apertura de inscricións e información turística e inicio das actividades. Durante toda a xornada haberá exposición de coches e motos clásicas con Clasicos do Barbanza, Old School Galician e Arousa Team. 
12.00h – curso de seguridade viaria para nenos e nenas. Inchables. Entrenamentos e recoñecemento do terreo con coches Radio Control Crawler a cargo de Club Barbanza 4×4 Sport R.C. 
12.45h – mexilloada con música a cargo do grupo tradicional Arume (aberta ao público) 
14.15h – comida nas instalacións (inscritos) 
16.30h – curso de seguridade viaria para nenos e nenas e inicio das atividades: 
• Exhibición e proba de coches Radio Control Crawler a cargo de Club Barbanza 4×4 Sport R.C. 
• Tiro de corta por equipos
• Morder a mazá por equipos 
• Carreira en táboas 
• Carreira de sacos
• Xogo da cadeira (silla)
• Inchábeis
• Concurso de Motos Oldies 
• Concurso de Motos Clásicas
• Concurso de Coches Clásicos 
20.00h – exhibición stunt show a cargo do piloto Narcis Roca Stunt na zona acotada. 
22.30h – cea nas instalacións (inscritos) 
23.45h – verbena amenizada por DJ Geno e DJ Matrek 
03.00h – espectáculo lava-motos por stripper masculino e feminino 
 
Domingo 23 de xullo 
9.00h – almorozo nas instalacións (inscritos) 
 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.