Este martes 18 de xullo o paseo marítimo de Barraña acollerá un espectáculo de clown e de acrobacias aéreas para público infantil e familiar.
Trátase do show Hoxe Si, da agrupación Sempre Arriba. Será ás 12 horas no dito paseo marítimo da vila de Boiro. Hoxe Si é en palabras dos seus creadores “un convite a xogar, a desfrutar, a soltarnos, a vivir celebrando o momento presente”. Inclúe acrobacias aéreas, un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben e baixan e flotan no aire, música, circo, espírito clown e, sobre todo, “moito humor”.




