As acuarelas noiesas da artista sonense Beatriz Ferrín, no Edificio do Casino

04 Xullo 2023

Durante este mes de xullo o Edificio do Casino de Noia será o escenario da exposición de acuarelas da artista sonense Beatriz F. Ferrín, titulada Noia-Recunchos e outras acugarelas. Nesta mostra, a artista captura nos seus cadros, como se indica no epígrafe da mostra, recantos de Noia que reivindican a beleza da vila poñendo o foco no que non sempre aparece nas guías turísticas.

A exposición, organizada pola Concellería de Cultura, inaugurouse este domingo, 2 de xullo.

A exposición estará aberta desde o 2 ao 31 de xullo, seguindo o seguinte horario de visita:

– De luns a venres: de 11:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:30 h.

– Os sábados: de 11:00 a 13:00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...