A Semana do Mar da Pobra arranca nesta fin de semana coa Feira Mariñeira

06 Xullo 2023

A Pobra do Caramiñal pon a vista no litoral cunha nova edición da Semana do Mar, que se desenvolve, como xa é o costume, no mes de xullo. A Concellaría do Turismo lanza un programa cunha vertente lúdica, pero tamén cun importante factor divulgativo, que arranca coa feira mariñeira nos días 7, 8 e 9. Máis de corenta postos de artesanía e alimentación espallaranse polo núcleo urbano, que se engalanará con temática náutica: a praza do Cantón da Leña, a praza Victoriano García Martí, as rúas Unión e do Estremo, e os Xardíns de Valle-Inclán. O ambiente animarase con numerosos
espectáculos itinerantes, ademais de contar cunha área exclusiva para o divertimento das crianzas.
No día 11 será o momento de vivi-la experiencia do remo cunha visita ao club da localidade. O punto de encontro establécese na oficina de información turística (Casa Mariñeira), situada no parque do Castelo, ás 11.00 horas.
Haberá tamén ocasión de coñece-los bivalvos presentes na costa e o proceso de extracción destes a través dunha xornada de turismo mariñeiro que terá lugar na praia dos Raposiños, no día 13. A saída efectuarase ás 09.00 horas da dita instalación municipal. Trátase da única actividade que require pagamento: 12 euros por persoa adulta e de balde para menores de 10 anos.
O momento de se mergullar na memoria e as historias da cultura do mar no municipio chegará no día 15 cun itinerario guiado por Manuel Gago. A expedición partirá ás 10.30 horas do aparcadoiro de San Lázaro, a carón da farmacia.
A maiores, nesa mesma tarde, a compañía Diáspora Teatro representará a peza infantil O peirao, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

Agás o mercado mariñeiro e a función, o resto da programación está suxeita a grupos limitados, polo cal é necesaria a inscrición previa. Para tal fin, habilítanse diferentes vías: de maneira presencial na propia oficina do turismo, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou telefonicamente no 981843280 (marcando a extensión 2035), 687482835 e 671090262.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...